Noticias

O Goberno de Carmela Silva aproba axudas de preto de 215.000 € para os concellos de Cambados e Ribadumia

A través destas axudas, enmarcadas na liña 1 do Plan Concellos 2017, Cambados impulsará a humanización das rúas Ourense e Pontevedra e Ribadumia legalizará as subministracións de electricidade


07 maio 2017
Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha partida de preto de 215.000 euros ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2017 destinada aos concellos de Cambados e Ribadumia. A presidenta Carmela Silva quixo insistir na importancia destas axudas provinciais que permiten "garantir as mellores condicións e servizos básicos para a cidadanía como é neste caso a humanización de rúas e a legalización da subministración de electricidade".

En concreto, Cambados recibirá 147.712,14 € para a humanización das rúas de Pontevedra e Ourense. Nestes primeiros meses do ano, a institución provincial leva aprobados 493.832,987 € para Cambados no marco do Plan Concellos 2017, é dicir, xa se repartiu un 53,46 % dos 923.739,30 € previstos para a localidade neste ano.

No caso de Ribadumia, as achegas aprobadas ascenden a 67.044,49 € para a legalización das subministracións de electricidade. Neste caso, a Deputación aprobou xa achegas por valor de 169.636,62 € para Ribadumia no marco do Plan Concellos 2017, é dicir, repartiuse o 37,20 % dos 455.965,02 € previstos para o municipio neste ano.

Carmela Silva sinalou que "a liña 1 do Plan Concellos, destinada a investimentos, permite aos núcleos de poboación da nosa provincia levar a cabo investimentos que permiten dotalos de infraestruturas, en moitas ocasións básicas, e garantir a calidade de vida das veciñas e veciños dos concellos da nosa provincia".

As axudas aprobadas ata a data pola Deputación de Pontevedra dentro da liña 1 do Plan Concellos 2017 ascenden a un total de 7.796.592,68 €, isto supón un 30,28 % do destinado a investimentos. Esta é a liña con maior dotación económica do programa e, cun orzamento de 25.750.000 € (fronte aos 25 millóns de 2016) significa o 62,5 % do total do plan.

O Plan Concellos 2017 ten asignado para este curso unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3 % maior que a aprobada no ano anterior e que entre as súas tres liñas estratéxicas leva aprobado xa máis de 26 millóns de euros 


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

19 agosto 2017, plan concellos, ribadumia, senda peonil, plan concellos 2017, deputacion de pontevedra, festa viño tinto do salnés