Noticias

O Goberno de Carmela Silva achega a Poio 650.000 euros para dous novos proxectos do Plan Concellos 2018

Este ano Poio ten a súa disposición 1.348.813,20 euros, do Plan Concellos cun incremento dun 76,64 % respecto ao ano pasado


27 abril 2018
Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar dúas novas achegas para o Concello de Poio que suman un total de 646.958,42 euros. En concreto, tal e como informou Carmela Silva, a institución provincial achegará á vila pontevedresa "167.708,01 euros para financiar o investimento na rede de saneamento e pavimentación no camiño do Loureiro e 479.250,41 euros para a mellora e rehabilitación do campo de fútbol municipal da Seca".

Estes preto de 650.000 euros que recibe Poio, correspondentes á liña 1 de Investimentos, súmanse aos 56.895,20 euros que xa recibira anteriormente para a humanización do entorno da Igrexa de San Gregorio de Raxó, tamén ao abeiro da liña 1, e aos 234.617,87 euros da liña 3 de Emprego para contratar a 31 traballadoras e traballadores.

Carmela Silva lembrou que "Poio, ao abeiro do Plan Concellos 2018, ten a súa disposición 1.780.543,66 euros, un 76,64 % máis que o ano pasado". Deste xeito, Poio xa ten recibido
52,7 %, isto é 938.471,49 euros.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 euros do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.