Noticias

O Deputado Carlos Font confirma que o Goberno provincial aprobará o venres o financiamento da mellora de camiños en Agolada

A nova achega do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o municipio de Deza supera os 64.000 euros e se destinará a 24 parroquias


23 outubro 2018
Plan Concellos 2018-2019

O deputado provincial Carlos Font informou hoxe que o Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres en Xunta de Goberno o financiamento ao concello de Agolada para a mellora e conservación de camiños da rede viaria municipal en 24 parroquias. As actuacións teñen un importe total de 64.440,63 euros e forman parte dos fondos da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos.

En concreto, vaise facer unha regularización con gravillón e unha pavimentación de firme con pedra para, posteriormente, realizar un tratamento de adherencia e, finalmente, un triple rego asfáltico.

Este ano, a través do Plan Concellos, o Goberno provincial destina a Agolada un total de 879.177,01 euros, un 73,5 % máis que no ano anterior.


Novas relacionadas