Noticias

No 2019 todos os concellos da provincia percibirán máis investimentos do Plan Concellos

Carmela Silva: "O Plan Concellos é o corazón dos investimentos na provincia para garantir os servizos básicos e os dereitos"


27 decembro 2018
Plan Concellos 2018-2019

Pontevedra

O Goberno da Deputación destinará neste novo ano 2019 á comarca de Pontevedra a través do Plan Concellos un total de 6.707.975,48 euros, o que supón un incremento do 3 % con respecto ao exercicio anterior. Máis polo miúdo, a institución provincial pon á disposición de Marín 1.071.393,22 euros, un 3,35 % máis que no 2018; para Poio destina 1.068.761,89, un 3 % máis que o ano pasado; no caso de Caldas de Reis, o Goberno de Carmela Silva destina 733.577,55 euros, o que supón un 3,2 % máis que no exercicio anterior; no caso de Ponte Caldelas, disporá de 575.868,2 euros, case un 2 % máis que en 2018; para Cuntis irán 558.860,63 euros, un 3 % máis que no exercicio pasado; en canto a Vilaboa, o Goberno provincial pon á súa disposición 522.009,09 euros, o que supón un incremento do 3,2 %; A Lama ten a súa disposición 488.740,92 euros, case un 3 % máis que o ano pasado; no que respecta a Moraña, a Deputación destina 486.759,47 euros, tamén case un 3 % máis que no 2018; pola súa banda, Barro disporá de 441.102,74 euros, o que supón un aumento do 3,16 %; no caso de Portas, o Goberno de Carmela Silva destina 390.104,97 euros, un 3,08 % máis que o ano pasado; e por último, ao abeiro do Plan Concellos 2019, Campo Lameiro ten á súa disposición 380.796,8€, un 3,2 % máis que en 2018.

Ata agora, na comarca de Pontevedra os investimentos do Plan Concellos dos últimos tres anos financiaron a realización de 242 obras e infraestruturas e a creación de 497 empregos.

Vigo

Destinarase á comarca de Vigo un total de 8.369.109,23 euros, o que supón un incremento do 3,3 % con respecto ao exercicio anterior. Máis polo miúdo, a institución provincial pon á disposición do Porriño 1.132.222,96 euros, un 3,22 % máis que no 2018; para Redondela destina 1.214.956,77 euros, un 3,62 % máis que o ano pasado; no caso de Nigrán, o Goberno de Carmela Silva destina 1.025.470,24 euros, o que supón case un 3 % máis que no exercicio anterior; en canto a Gondomar, disporá de 1.003.879,76 euros, un 3,5 % máis que en 2018; para Mos, o Goberno provincial destina 994.935,05 euros, o que supón un incremento do 3,3 %; Baiona ten á súa disposición 951.515,33 euros, un 3,23 % máis que o ano pasado; no que respecta a Salceda de Caselas, a Deputación destina 677.440,1 euros, un 3,34 % máis que no 2018; pola súa banda, Soutomaior disporá de 559.524 euros, o que supón un aumento dun 3,2 %; no caso de Pazos de Borbén, o Goberno de Carmela Silva destina 413.082,57 euros, un 3,3 % máis que o ano pasado; e por último, ao abeiro do Plan Concellos 2019, Fornelos de Montes ten á súa disposición 396.082,57 euros, un 3,1 % máis que no exercicio do 2018.

Ata agora na comarca de Vigo os investimentos do Plan Concellos dos últimos tres anos financiaron a realización de 202 obras e infraestruturas e a creación de 646 empregos.

O Salnés

O Goberno da Deputación destinará á comarca do Salnés un total de 8.474.375,83 euros, o que supón un incremento do 3,25 %. Máis polo miúdo, a institución provincial pon á disposición de Vilagarcía de Arousa 1.459.802,75 euros, un 3,3 % máis que no 2018. Sanxenxo contará con 1.184.683,9 euros, un 3,1 % máis que o ano pasado; no caso de Cambados, o Goberno de Carmela Silva destina 978.374,84 euros; un 2,8 %; O Grove ten á súa disposición 821.581,47 euros, un 3,01 % máis que en 2018; en canto a Vilanova de Arousa, contará con 783.141,03 euros, o que supón case un 3,2 % máis que no exercicio anterior; con respecto a Valga, disporá de 538.232,16 euros, un 5,5 % máis que en 2018; a Meaño irán 515.205,28 euros, un 3,1 % máis que no pasado exercicio; en canto a Meis, disporá de 493.833,62 euros, case un 3,2 % máis que en 2018; para Ribadumia irán 480.493,42 euros, un 3,06 % máis; en canto a Catoira, terá á súa disposición 426.791,7 euros, un 3,04 % máis que no pasado exercicio; no caso da Illa de Arousa, contará con 426.411,35 euros, un 2,9 % máis que o ano pasado; e por último destina a Pontecesures 365.824,31 euros, un 2,9 % máis que no 2018.

Ata agora, na comarca do Salnés os investimentos do Plan Concellos dos últimos tres anos financiaron a realización de 300 obras e a creación de 659 empregos.

O Morrazo

Destinarase á comarca do Morrazo un total de 3.012.473,62 euros, o que supón un incremento do 3,17 % con respecto ao exercicio anterior. Máis polo miúdo, a institución provincial pon á disposición de Cangas 1.142.308,12 euros, case un 3,5 % máis que no 2018; para Moaña destina 1.019.967,75 euros, un 3 % máis que o ano pasado; e por último, para Bueu irán 850.197,75 euros, o que supón un incremento do 3,16 %.

Ata agora, na comarca do Morrazo os investimentos do Plan Concellos dos últimos tres anos financiaron a realización de 86 obras e infraestruturas e a creación de 263 empregos.

Deza e Tabeirós-Terra de Montes

Destinarase ás comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes un total de 7.462.327,65 euros, o que supón un incremento do 3,7 % con respecto ao exercicio anterior. Máis polo miúdo, a institución provincial pon á disposición da Estrada 1.648.496,67 euros, case un 4,3 % máis que no 2018. Lalín contará con 1.602.560,57 euros, case un 4,4 % máis que o ano pasado; no caso de Silleda, o Goberno de Carmela Silva destina 784.466,23 euros, case un 3,9 %; Cerdedo-Cotobade ten á súa disposición 749.413,15 euros, un 3,2 % máis que en 2018; en canto a Vila de Cruces, contará con 672.245,3 euros, o que supón case un 3,1 % máis que no exercicio anterior; con respecto a Forcarei, disporá de 572.744,35 euros, case un 3 % máis que en 2018; a Rodeiro irán 532.465,84 euros, case un 3 % máis que no pasado exercicio; en canto a Agolada, disporá de 528.044,96 euros, case un 3 % máis que en 2018; e por último, a Deputación destina a Dozón 371.890,58 €, un 3,5 % máis que en 2018.

Ata agora, nas comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes os investimentos do Plan Concellos dos últimos tres anos financiaron a realización de 170 obras e infraestruturas e a creación de 481 empregos.

Condado-Paradanta

Destinarase ás comarcas do Condado-Paradanta un total de 5.182.938,65 euros, o que supón un incremento do 3,4 % con respecto ao exercicio anterior. Máis polo miúdo, a institución provincial pon á disposición de Ponteareas 1.208.481,9 euros; un 4,3 % máis que no 2018; Salvaterra de Miño contará con 756.382,79 euros, un 3,3 % máis que o ano pasado; no caso da Cañiza, o Goberno de Carmela Silva destina 559.742,57 euros, case un 3,3 % máis; As Neves ten á súa disposición 556.434,2 euros, case un 2,9 % máis que en 2018; en canto a Mondariz, contará con 527.561,5 euros, un 3,03 % máis que no pasado exercicio; con respecto a Covelo, disporá de 466.849,96 euros, un 3,2 % máis; para Arbo irán 441.330,49 euros, case un 3 % máis que o ano pasado; no caso de Crecente, irán 404.621,59 euros, un 3,07 % máis que en 2018; e por último, Mondariz-Balneario contará con 261.633,65 euros, un 3,1 % máis que no pasado exercicio.

Ata agora, nas comarcas do Condado e da Paradanta os investimentos do Plan Concellos dos últimos tres anos financiaron a realización de 231 obras e infraestruturas e a creación de 500 empregos.

Baixo Miño

Destinarase á comarca do Baixo Miño un total de 4.180.699,58 euros, o que supón un incremento do 3,23 % con respecto ao exercicio anterior. Máis polo miúdo, a institución provincial pon á disposición de Tomiño 1.268.865,17 euros, case un 3,5 % máis que no 2018; para Tui destina 1.063.437,44 euros, un 3,25 % máis o ano pasado; no caso de A Guarda destina 808.965,46 euros, case un 3 % máis que no exercicio anterior; O Rosal ten á súa disposición 583.312,29 euros, un 3,11 % máis que en 2018; e por último, a Deputación destina a Oia 456.119,22 euros, o que supón un incremento do 3,27 %.

Ata agora, na comarca do Baixo Miño os investimentos do Plan Concellos dos últimos tres anos financiaron a realización de 175 obras e infraestruturas e a creación de 280 empregos.

Neste novo ano 2019, no total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon á disposición dos 59 municipios ao través do Plan Concellos 2019 case 43 millóns e medio de euros, o que supón un 3,3 % máis que no exercicio do 2018. No que respecta á liña 1, destinada a investimentos, a institución provincial pon á disposición dos concellos 30 millóns de euros; no caso da liña 2, de amortización, pago de débedas e gastos correntes, son 3,9 millóns; e por último, para a liña 3, destinada a contratación de empregadas e empregados, irán 9,5 millóns de euros.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, definiu o Plan Concellos como "o corazón dos investimentos na provincia para poñer á disposición dos concellos mais recursos que nunca na súa historia". A presidenta puxo en valor "os centos de obras feitas co Plan, obras imprescindibles, dotacións, equipamentos, saneamento, abastecemento, políticas sociais, de igualdade, medio ambientais ou de creación de emprego". "O Plan Concellos é o gran plan da Deputación de Pontevedra, dixo Silva, que ten realizado un cambio radical de modelo no que os recursos se reparten con criterios obxectivos e chegan a todos os concellos sexan da cor política que sexan. Un plan que chegou fai catro anos para quedarse". A presidenta provincial lembrou que "este ano todos os concellos recibirán máis recursos que nunca para con iso permitir que calquera persoa, viva onde viva, tiña garantidos os servizos básicos e os dereitos".

Táboa de investimentos do Plan Concellos 2019 e a comparativa co 2018 (PDF)