Noticias

Meis recibe 18.000 € ao abeiro do Plan Concellos 2017 para novos investimentos na vila

Cunha achega superior aos 125.000 €, a institución provincial xa leva entregado o 26 % do importe total de Meis dentro do Plan Concellos


08 abril 2017
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, dúas novas achegas ao Concello de Meis ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2017, que ascenden a un importe total de 18.067,42 euros. Con estas axudas, o Concello de Meis afrontará a subministración de equipamento deportivo, con 10.312,83 €, e de maquinaria para roza e poda, con outros 7.754,59 euros.

A maiores, anteriormente a institución provincial xa destinara ao Concello de Meis outros 106.950,25 € na liña 3 de emprego para a creación de 10 postos de traballo que garantirán o desenvolvemento dos distintos servizos municipais desta vila.

Coa suma destas novas achegas, a porcentaxe de adxudicación do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra en Meis xa se achega á metade, ao xa ter recibido o 26 % do total do investimento. Isto supón que a vila xa dispón de 125.017,67 € dun total de máis de 475.000 €.