Noticias

Lalín recibe unha subvención de máis de 60.000 € a través do Plan Concellos 2017 da Deputación para melloras no centro social de Prado

A axuda provincial servirá para a ampliación do local e para dotalo dun sistema de calefacción


22 abril 2017
Plan Concellos 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha partida de máis de 60.000 euros para Lalín ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2017, destinada a investimentos, que servirá para realizar melloras no centro social de Prado. En concreto, a subvención provincial, que ascende a de 61.964,77 €, permitirá realizar a ampliación do centro social desta parroquia e obras de mellora no espazo como a instalación dun sistema de calefacción.

Ata o momento, a institución pontevedresa leva aprobado un total de 399.431,05 € para a localidade no marco do Plan Concellos 2017, é dicir, un 26,33 % do importe total contemplado para Lalín neste ano (1.516.882,35 €).

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva sinalou que grazas a estas axudas recibidas a través da liña 1 do Plan Concellos "se garanten servizos básicos para a cidadanía e se lle permite ás vilas e pobos da nosa provincia levar a cabo investimentos que permiten dotalos de infraestruturas, en moitas ocasións básicas, e que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños dos concellos da nosa provincia".

No cómputo provincial, a Deputación de Pontevedra leva concedido nos catro primeiros meses do 2017 un total de 5.165.818,69 € ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos, é dicir un 20,06 % das axudas a investimentos. Esta é a liña con maior dotación económica do programa e supón o 62,5 % do total do plan, cun orzamento de 25.750.000 € (fronte aos 25 millóns de 2016).

O Plan Concellos 2017 ten asignado para este curso unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3 % maior que a aprobada no ano anterior e que entre as súas tres liñas estratéxicas leva aprobado un total de 16,3 millóns de euros desde xaneiro.


Novas relacionadas

plan concellos

18 xullo 2017, plan concellos, lalin, plan concellos 2017, deputacion de pontevedra, lalin arena, lixadora con bancada horizontal
Xunta de Goberno

08 xul , plan concellos 2016, a lama, agolada, lalin, plan ayuntamientos 2016