Noticias

Lalín destina preto de 40.000 € do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para a reposición de beirarrúas e pavimento na rúa Pintor Colmeiro

O grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 a Lalín sitúase nun 41,65 %, representando un investimento na vila de 1.095.855,68 €


08 xullo 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante Resolución presidencial, un novo investimento en Lalín ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2018. Trátase esta vez dunha axuda de 39.646,21 euros para a reposición de beirarrúas e pavimento na rúa Pintor Colmeiro.

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello. En concreto, 562.859,29 euros na liña 1 para a humanización da rúa Wenceslao Calvo Garra, para a adquisición de materiais para a mellora e afirmado de camiños, para reparacións varias no auditorio municipal, para a adquisición de equipamento para o salón teatro e o auditorio municipal e para a contratación externa da redacción do proxecto técnico "Reforma da praza da Vila de Lalín. Fase 1.ª".

Ademais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 146.252,95 € na liña 2 para o financiamento do Orgullo de Lalín 2018, para o curso oficial de Monitorado de Tempo Libre de Lalín, para a exposición "A pintura antes de pintar" de Manuel Colmeneiro, obradoiros de robótica, o circuíto de cine no rural, ciclo de música na rúa, os campamentos deportivos de verán, o programa roteiros de Lalín, o proxecto "Unha vila, 1000 experiencias" e para "Lusco&Fusco", venres singulares en Lalín. E tamén, outros 347.097,23 € foron destinados á contratación de 31 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan Concellos 2018.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 1.095.855,68 € do total destinado a Lalín, isto é, o 41,65 %.


Novas relacionadas

Plan Concellos

27 decembro 2018, plan concellos, investimento, 2018, 2019