Noticias

En marcha la reforma de la carretera provincial EP-9305 entre el núcleo de Ribadumia y la Ruta da Pedra e da Auga

A Deputación decidiu iniciar as obras de forma paralela aos traballos de recuamento dos muros que está a executar o Concello


15 marzo 2019
Obras en Ribadumia

O Servizo de Mobilidade acaba de iniciar as obras de reforma da estrada provincial EP-9305 entre o núcleo da vila e a Ruta da Pedra e da Auga en Ribadumia. O Servizo de Mobilidade decidiu comezar os traballos -xa que todos os trámites administrativos estaban solucionados coa adxudicataria- e acompasalos co recuamento dos muros que está a executar o Concello para aumentar a sección da vía.

Segundo explica o deputado Uxío Benítez, a empresa adxudicataria (Narom) está a realizar nestes momentos a canalización dos servizos soterrados. A actuación proxectada, hai que lembrar, prevé crear un área reservada para os peóns na marxe esquerda da estrada nun treito de medio quilómetro de lonxitude dando continuidade ás beirarrúas existentes ata o núcleo urbano creando un tránsito peonil seguro.

Colocaranse catro pasos de peóns sobreelevados (PPS) e limitarase a velocidade a 30 quilómetros hora, incrementando desta forma a seguridade do peón á hora de cruzar a estrada, cumprindo en todo momento coa Lei de accesibilidade de Galicia. A maiores, melloraranse servizos urbanos como o traslado do alumeado público existente e da marquesiña de bus existente á nova aliñación, así como a execución dunha nova rede de pluviais e dunha rede de fecais separativa.            

A actuación en Ribadumia será unha realidade grazas ao convenio asinado entre Deputación e Concello o pasado mes de maio de 2018, facéndose cargo do 70 % do custo da obra a institución provincial, mentres que o Goberno local fará fronte ao 30 % restante.