Noticias

Dozón recibe preto de 50.000 euros do "Plan Concellos 2017" para realizar obras de acondicionamento de camiños

A institución provincial leva entregado o 31 % do total destinado a Dozón dentro do plan, un investimento próximo aos 110.000 euros


15 xuño 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega ao Concello de Dozón ao abeiro da liña 1, Investimentos, do "Plan Concellos 2017". Cun investimento de 49.758,37 euros, o Concello poderá realizar obras de acondicionamento de diversos camiños municipais localizados nos seguintes núcleos de poboación: Fonte dos Tornos, o localizado entre Roirís e Cruz de Paio, o que transcorre entre Rega e Sobrado (en San Martiño), o que vai desde A Lagoa ata Porta do Castro e, finalmente, outro na Lama da Canda.

Con anterioridade, Dozón xa recibira a cantidade de 39.186,66 euros tamén en liña 1 para a reposición do pavimento e a reparación das fochancas da estrada que une Rañestras e Coio Branco e, finalmente, 20.554,91 euros que permitirán que sete persoas desenvolvan as súas profesións nos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de Emprego do plan.

Grazas a esta nova achega, a vila de Dozón xa leva aprobado o 30,8 % do total de investimento que recibe dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 109.499,94 euros dun total de máis de 355.000 euros.


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

26 setembro 2017, plan concellos, dozón, 2017, deputación de pontevedra
Plan Concellos 2017

17 agosto 2017, saneamento, obras, plan concellos 2017, dozón, praia fluvial