Noticias

Carmela Silva oferta as persoas empresarias do Deza apoio para a promoción do emprendemento

A presidenta da Deputación mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos directivos da Asociación de Empresarios do Deza


15 nov 2016
AED
aed

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,  mantivo esta tarde unha xuntanza de traballo cos directivos da Asociación de Empresarios do Deza (AED) na que ofreceulles toda a axuda da institución provincial  na promoción do emprendemento da comarca.

Na xuntanza co presidente de AED, Antonio Lamas, tamén estiveron presentes o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña e o tenente de alcalde, Nicolás González Casares, abordáronse diversos aspectos de colaboración co empresariado da comarca e a Presidenta informoulles de todas as posibilidades que  abre o proxecto SmartPeme para o asesoramento en novas tecnoloxías para todo o empresariado.

Carmela Silva subliñou que dende a Deputación existe o compromiso do actual equipo de goberno de potenciar  os sectores produtivos da nosa provincia colaborando con traballadores e empresarios e sempre buscando as sinerxias como eido da máxima cooperación.

A presidenta da Deputación tamén planteoulles os empresarios a posibilidade de colaborar cos espazos de formación e asesoramento que ambas entidades teñan na comarca de xeito conxunto aproveitando para garantir unha mellor información e formación dos empresarios e emprendedores.