Noticias

Carmela Silva é recibida por toda a corporación municipal na súa visita a Crecente

A Deputación de Pontevedra ten investido no concello do Paradanta máis de medio millón de euros entre Plan Concellos e outras subvencións


07 setembro 2017
Crecente

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, foi recibida hoxe por toda a corporación municipal na súa visita institucional ao concello de Crecente. O alcalde, Julio García Luengo agradeceu a Silva a súa visita ao concello despois de manter unha xuntanza de traballo de máis de dúas horas de duración con toda a corporación.

A Presidenta da Deputación, tras firmar no libro de honra do concello, subliñou a cordialidade e o respecto institucional  do alcalde de Crecente e cualificou a xuntanza de moi produtiva "fixemos un repaso moi importante a todas as necesidades da localidade porque é moi importante coñecer de primeira man as necesidades dos concellos máis pequenos da provincia e voume con moitas ideas para desenrolar e estudar en onde podemos colaborar".

Pola súa parte, o alcalde de Crecente manifestou a súa satisfacción pola receptividade da máxima dirixente provincial e cualificou como fundamental o papel da Deputación para que "os concellos máis pequenos podamos manter os servizos a nosos veciños e veciñas". Nesta mesma liña, Carmela Silva, añadeu que coas ideas e proxectos plantexados hoxe estudaremos de cara a futuro onde podemos traballar para garantir que a "vecindade de Crecente teña os mesmos dereitos e servizos que calquera outro concello da provincia".

Precisamente entre esas ideas baraxadas ao longo do encontro figuran as posibilidades que conteñen as ruínas dun antigo mosteiro "que poderiamos poñer en valor" destacou Silva, e a necesidade de promoción do turismo de toda a comarca polo seu valor medioambiental vinculado ao rio Miño. Neste último aspecto a Presidenta destacou que toda a comarca ten  moitas posibilidades turísticas e "tal e como me manifestou o alcalde de Crecente imos traballar con outros concellos da zona para buscar posible puntos de encontro e promoción conxunta".

O concello de Crecente ten recibido ate o día un de setembro 502.345 euros en diversas subvencións dos cales 390.809 euros corresponden a súa asignación anual do Plan Concellos que xa está transferido na súa totalidade.  Esta cantidade anual do Plan Concellos supón un 17 por cento máis de subvencións  das que se recibían por Crecente co anterior goberno provincial no ano 2015.