Noticias

Carlos Font confirma unha nova achega a Dozón de preto de 50.000 euros ao abeiro do Plan Concellos

O Goberno de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra pon este ano a disposición de Dozón, ao abeiro do plan, máis de 600.000 euros


20 setembro 2018
Plan Concellos 2018-2019

O deputado Carlos Font, responsable de Cooperación no Goberno provincial, confirmou a aprobación, a través dunha Resolución presidencial, dunha nova axuda de 47.822,10 euros para que o Concello de Dozón poida levar a cabo a pavimentación de pistas parcelarias en Pereirón.

Anteriormente, Dozón xa recibira outras achegas do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra como os 36.408 euros da liña 3 de Emprego para financiar desde a institución provincial a contratación de 8 traballadoras e traballadores para o concello de Deza.

Dozón ten este ano a súa disposición co Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, un total de 616.010,07 euros, un 73,16 % máis que no ano 2017.