Noticias

A Xunta de Goberno aproba a licitación do servizo de "Compromiso de Calidade Turística" na provincia

A Presidenta da Deputación subliña que máis de 220 empresas turísticas acadaron este galardón a longo dos últimos anos e o obxectivo para 2016 é sumar outras 35


22 may 2016

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que na Xunta de Goberno aprobouse a licitación do servizo de implantación da "Compromiso de calidade turística"(SICTED),  que concede Turespaña, para o presente ano e polo que se espera acadar que, a lo menos, 35 novos establecemento podan contar con este símbolo que acredita a súa calidade.

Este distintivo trata dun modelo, que a súa metodoloxía foi deseñada por Turespaña, para formar ao persoal e dotar de ferramentas aos establecementos turísticos para unha mellora continua das propias empresas na cultura da xestión da calidade. Deste xeito lógrase unha homoxeneización dos parámetros de todos os establecementos  turísticos do país que gozan da distinción do "Compromiso de Calidade Turístico".

Carmela Silva destacou que dende 2011 a Deputación de Pontevedra vén apostando por este distintivo  e que 224 empresas da provincia contaron coa formación, implantación dos estándares de calidade e co seguimento o longo destes cinco anos para manter esta marca.

A Xunta de Goberno aprobou o expedinte para sacar a concurso público a xestión deste proxecto de calidade turística para este ano 2016 por valor de 56.567,5 euros.O adxudicatario do concurso público deberá manter o servizo de implantación, formación, consolidación e continuidade do proxecto SICTED.  O obxectivo mínimo é acadar que ao longo de 2016 alo menos 35 empresas acaden a máxima distinción de calidade turística.

Para Carmela Silva é moi importante que o sector turístico da nosa provincia se poda dotar de ferramentas que garantan a súa calidade dado que é un dos sectores económicos "cunha  maior incidencia en Pontevedra e no seu tecido socioeconómico dado o número de empresas e a creación de emprego que representa".

A Presidenta recordou que para a Deputación o sector turístico é moi importante precisamente polo efecto económico que ten na provincia pero tamén "polas innumerables posibilidades que ten Pontevedra  non so como un destino de sol e praia senón tamén pola súas posibilidades na gastronomía, a cultura ou o noso patrimonio natural".