Noticias

A Lama recibe un investimento de preto de 60.000 euros dentro do "Plan Concellos 2017"

Con esta achega, a Deputación de Pontevedra xa leva entregado o 35,37 % do importe total da Lama dentro do Plan Concellos 2017


26 xuño 2017
Plan Concellos

A institución provincial acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, a última achega ao Concello da Lama ao abeiro do "Plan Concellos 2017". Con esta axuda, que ascende a un total de 57.408,07 euros, o Concello poderá financiar a mellora do acceso a parroquia de Antas e a pavimentación do aparcamento na Lama.

Ademais, anteriormente a institución provincial xa destinara ao Concello da Lama, en liña 3 de Emprego, outros 104.786,90 euros para a creación de 15 postos de emprego nos diversos servizos municipais do concello.

Coa suma desta nova achega, a porcentaxe de adxudicación do "Plan Concellos 2017" da Deputación de Pontevedra na Lama sitúase neste momento no 35,37 %. Isto supón que o Concello xa dispón de 458.566,76 euros dun total de preto de 470.000 euros.