Noticias

A Deputación de Pontevedra achega ao concello da Lama o último investimento do Plan Concellos 2017

O goberno de Carmela Silva completa os 469.674,52 € que lle corresponden á vila ao abeiro do Plan Concellos 2017


13 outubro 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, a última achega do Plan Concellos 2017 para o concello da Lama. Exactamente achegaranse 29.985,60 euros para mellorar infraestruturas viarias no parque industrial de Rabelo.

Anteriormente A Lama xa recibiu, dentro da liña 1 de investimentos, 46.004,87 € para o saneamento e a pavimentación de camiños en Covelo e As Chozas e para a pavimentación dun aparcadoiro no Peso, 41.747,66 € para a humanización da zona de hórreos en Seixido, 40.831,15 para levar a cabo a restauración do pavimento en mal estado de Cernedo, 27.700,34 € para a mellora de abastecemento da Gaiola, en Seixido, 23.708,15 € para actuar no contorno da Igrexa de San Bartolomeu, en Seixido, 12.148,99 € para adquirir lámpadas LED, e outros 112.760,86 € na liña 1 para a mellora de accesos e a pavimentación dun aparcadoiro, a pavimentación dun viario e a adquisición dun camión de recollida de residuos. Tamén 30.000 € na liña 2 para facer fronte a gastos correntes e, por último, 104.786,90 € cos que A Lama puido contratar 15 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.

O Plan Concellos 2017  ten asignada para este curso unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3 % maior que a aprobada no ano anterior.


Novas relacionadas

Xunta de Goberno

08 xul , plan concellos 2016, a lama, agolada, lalin, plan ayuntamientos 2016
Imagen representativa de una noticia de colectivos o temas

22 xuñ 2016, plan concellos 2016, 2016, plan concellos, alumeado, iluminación