Noticias

A deputada Digna Rivas confirma tres novas achegas por case 100.000 euros do Plan Concellos para Pazos de Borbén

Destinaranse á elaboración do inventario de bens municipais e á reparación do camiño municipal de Alvite-O Areeiro e doutro no Outeiro


16 setembro 2018
Plan Concellos 2018-2019

A deputada provincial Digna Rivas confirmou hoxe que o Goberno de Carmela Silva aprobou, mediante resolucións presidenciais, tres novas axudas ao Concello de Pazos de Borbén por un valor total de 97.258,63 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018. Dentro destes investimentos, 26.620 euros irán destinados á elaboración do inventario de bens municipais; outros 42.733,17 euros para a reparación do camiño municipal de Alvite a O Areeiro-Nespereira; e outros 27.905,63 euros para a reparación do camiño do río Outeiro-Nespereira.

Ademais desta cantidade, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o Concello de Pazos. En concreto, 38.088,97 euros destinados ao financiamento do subministro eléctrico. Tamén, outros 90.456,42 euros para a contratación de traballadoras e traballadores, dentro da liña 3.

Ata este momento, a Deputación de Pontevedra xa entregou 225.804,02 euros dos 685.564,73 totais destinados este ano co Plan Concellos a Pazos de Borbén.


Novas relacionadas

Mellora den estradas en Pazos de Borbén

10 setembro 2018, mobilidade, pazos de borbén, obras de mellora