Noticias

A Deputación organiza este mércores 8 de marzo unha acción escénica en Cuntis, no marco do programa "Mulleres en acción: violencia zero"

"Violencia zero" incide na necesidade de que a institución provincial e os concellos promovan conxuntamente a loita contra a lacra social da violencia machista


07 marzo 2017
Violencia Zero

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Cuntis, Manuel Campos, asistirá este mércores 8 de marzo, ás 10:45 horas, na praza Antonio Palacios, a unha nova intervención artística organizada dentro do programa "Mulleres en acción: violencia zero" do Servizo de Igualdade da institución provincial, que ten como obxectivo dar visibilidade á loita contra a lacra da violencia machista. A intervención leva por título Cóntame un conto e será interpretada pola artista Nana, que amosará unha crítica ás historias de amor pseudoromántico dos contos de princesas a través das técnicas do graffiti e da arte urbana.

"Mulleres en acción: violencia zero" é un proxecto de acción artística contemporánea no espazo público que persegue reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco no estado actual da problemática da violencia machista no noso país. Este ano o proxecto quixo ir máis aló da primeira edición, na que se celebraron, o 25 de novembro de 2015, dez performances, organizando agora accións en 25 concellos da provincia entre os meses de novembro de 2016 e novembro de 2017.

As accións, a razón de dúas por mes, xa se desenvolveron nos concellos de Pontevedra, Vigo, Marín, Tomiño, Ponteareas, Cambados, Nigrán, A Estrada e O Porriño. Despois chegarán a Bueu, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Poio, O Grove, A Guarda, Baiona, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Vila de Cruces, Silleda, Salceda de Caselas e Meaño; estas finalizarán en novembro en Tui.


Novas relacionadas

Mulleres en acción. Violencia Zero

02 xullo 2017, violencia zero, mulleres en acción, contra a violencia machista
Violencia Zero

05 xullo 2017, violencia machista, igualdad, igualdade, violencia zero, contra a violencia machista, igualdad de género, igualdade de xénero
Violencia Zero

23 outubro 2017, violencia zero, vila de cruces, mulleres en acción