Noticias

A Deputación incrementa este ano ata os 370.000 € o financiamento da política social dos concellos do Condado e da Paradanta con máis de 1.110 persoas beneficiarias

Os Servizos Sociais Comunitarios Básicos, o servizo de axuda no fogar (SAF), as axudas de emerxencia, a teleasistencia e os programas de ocio ou respiro familiar son iniciativas financiadas pola Deputación


23 agosto 2018
Plans de Cohesión Social

Co obxectivo de mellorar o benestar e a calidade de vida das cidadás e cidadáns e especialmente as familias que necesitan unha maior asistencia, a Deputación de Pontevedra, a través dos seus programas de Cohesión Social, está a financiar a política social dos concellos da provincia. No caso da comarca do Condado e da Paradanta este ano beneficiou ata o momento a máis de 1.110 veciñas e veciños dos concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente cun investimento de 369.808,65 euros.

Estamos a falar dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e o servizo de axuda no fogar (SAF); as axudas básicas de emerxencia e a teleasistencia, servizos dos que está excluída Ponteareas por ter máis de 20.000 habitantes, e todos os programas de ocio ou respiro familiar dependentes da Deputación de Pontevedra como Depotermal, Depo en marcha ou Depo Aventura A Lanzada, entre outros.

No caso de Mondariz, o Goberno provincial de Carmela Silva destinou no que vai de ano ás políticas sociais da vila un total de 61.718,16 € dos que se están a beneficiar preto de 130 veciñas e veciños do concello. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co Plan de atención social, que ofrece asistencia económica para os Servizos Sociais Comunitarios Básicos co servizo de axuda no fogar (SAF) que atendeu a preto de 20 usuarias e usuarios en 2017; e as axudas básicas de emerxencias, que atenden as demandas das veciñas e veciños que se atopen en situación de risco ou exclusión social e que o pasado ano beneficiaron a 41 familias de Mondariz. Finalmente, a Deputación tamén financia o programa de teleasistencia domiciliaria que apoia este ano 2018 a 25 maiores ou persoas con diversidade funcional do concello que viven soas ou con dificultades para desenvolver actividades cotiás. 

En canto aos programas de envellecemento activo, respiro familiar e ocio, que buscan mellorar a calidade de vida das e dos participantes, este ano están a ser preto de 70 persoas do concello de Mondariz as beneficiadas. Falamos, entre outros, de programas como Depotermal, que ofrece a posibilidade de pasar uns días – con ou sen pernoita – en balnearios da provincia; Depo en marcha para gozar dos obradoiros que ofrece a Deputación; e Depo Aventura A Lanzada no que este ano participaron 3 nenas e nenos da vila. Todas estas iniciativas teñen, ademais, prazas de balde para as familias con menos recursos.

En canto ao Concello de Mondariz-Balneario, a institución provincial investiu 30.004,94 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a preto de 20 persoas. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co Plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 2 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 2 familias o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 5 veciñas e veciños do concello. Con respecto aos programas de respiro familiar e ocio, neste 2018 están a ser ao redor de 5 persoas de Mondariz-Balneario as beneficiadas. Falamos neste caso de Depotermal e Depo Aventura A Lanzada.

En relación ao Concello de Ponteareas, cun investimento de 16.879,35 euros, son 340 veciñas e veciños os que están a gozar dos programas de ocio e envellecemento activo que promove a Deputación, como son Depotermal e Depo en marcha. En canto ao que está destinado á xuventude, son 57 rapazas e rapaces os que saíron beneficiados do campamento de verán Depo Aventura A Lanzada.

No que respecta ao Concello das Neves, a Deputación investiu 35.924,83 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a máis de 110 persoas. Con estes cartos da institución provincial, a veciñanza pode contar co Plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 18 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 59 usuarias e usuarios o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 11 veciñas e veciños do concello. En canto aos programas de lecer, neste 2018 están a ser preto de 30 persoas das Neves as beneficiadas. Falamos neste caso de Depo en marcha e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participaron 5 nenas e nenos da vila.

En Salvaterra de Miño, a institución provincial investiu un total de 64.550,4 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a máis de 170 persoas. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co Plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 8 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a máis de 100 usuarias e usuarios o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 7 veciñas e veciños do concello. Con respecto aos programas, neste 2018 están a ser preto de 60 persoas de Salvaterra de Miño as beneficiadas. Falamos de Depotermal e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participaron 19 nenas e nenos da vila.

No caso de A Cañiza o Goberno provincial de Carmela Silva destinou no que vai de ano ás políticas sociais da vila un total de 56.515,01 € dos que se están a beneficiar preto de 110 veciñas e veciños do concello. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co Plan de atención social, que ofrece asistencia económica para os Servizos Sociais Comunitarios Básicos co servizo de axuda no fogar (SAF) con 2 usuarias e usuarios en 2017; e as axudas básicas de emerxencias, que atenden as demandas das veciñas e veciños que se atopen en situación de risco ou exclusión social e que o pasado ano beneficiaron a 40 familias da Cañiza. Finalmente, a Deputación tamén financia o programa de teleasistencia domiciliaria que apoia este ano 2018 a 9 maiores ou persoas con diversidade funcional do concello que viven soas ou con dificultades para desenvolver actividades cotiás. En canto aos programas de ocio, este ano están a ser preto de 60 persoas do concello da Cañiza as beneficiadas. Falamos, entre outros, de programas como Depotermal, Depo en marcha 2018 e Depo Aventura A Lanzada no que este ano participaron 8 nenas e nenos da vila.

En canto ao Concello de Arbo, a institución provincial investiu 26.203,73 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a máis de 70 persoas. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co Plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 7 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 24 usuarias e usuarios o ano pasado. Con respecto aos programas de lecer, neste 2018 están a ser preto de 40 persoas de Arbo as beneficiadas. Falamos de Depo Aventura A Lanzada, Depo en marcha e Depotermal, no que este ano participaron 12 veciñas e veciños da vila.

En relación ao Concello de Covelo, a Deputación de Pontevedra investiu 44.412,74 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a máis de 100 persoas. Con estes cartos da institución provincial, a veciñanza pode contar co Plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 10 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 6 usuarias e usuarios o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 13 veciñas e veciños do concello. En canto ás actividades, neste 2018 están a ser máis 70 persoas de Covelo as beneficiadas. Falamos de Depo Aventura A Lanzada, Depo en marcha 2018 e Depotermal, no que este ano participaron 28 veciñas e veciños.

Por último, no Concello de Crecente, a institución provincial investiu 33.599,49 euros para financiar as políticas sociais da vila, que están a beneficiar a preto de 90 persoas. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar co Plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar (SAF) chegou a 19 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia que beneficiaron a 20 usuarias e usuarios o ano pasado. Finalmente, o programa de teleasistencia domiciliaria apoia, este ano, a 11 veciñas e veciños do concello. Con respecto aos programas, neste 2018 están a ser máis de 30 persoas de Crecente as beneficiadas. Neste caso cos programas de Depo Aventura A Lanzada e Depotermal, no que este ano participaron 30 persoas da vila.