Noticias

A Deputación destina preto de 30.000 € ao Concello de Poio para a restauración e conservación do edificio de servizos sociais

A institución provincial adxudicou xa o 55,75 % do Plan Concellos 2016 correspondente a Poio, o que representa un investimento na vila de 559.910,46 €


18 abr 2016

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, acaba de adxudicar unha subvención por valor de 29.459,77 € a favor do Concello de Poio enmarcada na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A través desta achega o Concello realizará a restauración da cuberta e conservación de fachada e terrazas do edificio de servizos sociais.

Estas subvencións hai que sumalas aos 154.875,31 € que se aprobaron a semana pasada con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2016 a favor do Concello de Poio. Ademais, xa se adxudicaron 123.354,32 €, enmarcados na liña 2, destinados ao financiamento de gasto corrente, 37.662,27 €, da liña 3, destinados á festa da ameixa, ao duatlón de cros, á carreira popular, á BTT, ao tríatlon de Campelo e á Festa do Mar, e 214.558,79 €, da liña 4, para a contratación de 30 traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas tarefas no Concello.

A Deputación de Pontevedra destinou a Poio a cantidade total de 1.004.339,91 € dentro do Plan Concellos 2016, dos cales, no primeiro trimestre de ano, xa se concederon 559.910,46 €, o que representa o 55,75 % do total destinado ao Concello.