Noticias

A Deputación destina a Meaño preto de 20.000 euros ao abeiro do "Plan Concellos 2017"

O goberno de Carmela Silva leva entregado o 72,92% do total destinado a Meaño dentro do Plan, cun investimento próximo aos 360.000 €


08 agosto 2017
Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, unha nova achega ao concello de Meaño dentro do "Plan Concellos 2017", concretamente ao abeiro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 19.777,07 € que permitirán que Meaño poida levar a cabo obras co fin de reformar os pontóns sobre as vías municipais de Gañón e Rial.

Ademais, anteriormente Meaño xa recibira a cantidade de 227.828,27 €, en liña 1, para a adquisición dun vehículo mini pala cargadora con cullerón varredora, a ampliación doutros camiños municipais, as obras de mellora e pavimentación de diversos camiños municipais e a adquisición de terreos para a realización dunha praza pública e un aparcadoiro en Dena. Por último, outro investimento de 110.449,92 euros para a contratación de 18 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan.

Coa suma desta nova achega, Meaño xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 72,92% do total de investimento que recibe dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 358.105,86 € dun total de máis de 491.000 €.