Noticias

A Deputación destina a Cuntis unha nova achega do Plan Concellos de preto de 40.000 €

Con este investimento, o Goberno de Carmela Silva financiará unha senda peonil polo río da Patela


06 novembro 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento destinado ao Concello de Cuntis ao abeiro do Plan Concellos. Trátase esta vez dunha axuda de 38.805,31 euros para financiar unha senda peonil polo río da Patela.

Ademais destas cantidades, o Goberno provincial a través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 265.935,73 euros na liña 1 destinados a financiar a eficiencia enerxética; o acondicionamento da cuberta do pavillón municipal; o acondicionamento de camiño rural Pista das Moreiras; a mellora do saneamento en Ducio e Portela; a mellora dos camiños rurais de Cuntis: Pista O Caeiro-Arcos e Pista Trasponte-Cuntis; a mellora tamén da pista N 640-Vilabar de Abaixo; o cambio de cuberta no edificio municipal; o acondicionamento de camiño rural no lugar de Trasponte; e tamén outro acondicionamento no camiño rural de acceso ao lugar de Vilar de Mato.

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 46.016,45 euros para financiar as depuradoras do rural e equipos; a promoción turística do concello; a romaría do cabalo; a Feira do 18; as actividades deportivas; e Habilitas Fogar III. E tamén, outros 122.623,27 euros foron destinados á financiación da contratación de 12 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego.

O Goberno de Carmela Silva destina este ano a Cuntis, a través do Plan Concellos, un total de 929.208,67 euros, un 73,74 % máis que en 2017.


Novas relacionadas