Noticias

A Deputación de Pontevedra destina máis de 20.000 € a Vilaboa no marco do "Plan Concellos 2017"

A institución provincial leva entregado o 83,60% do total destinado a Vilaboa dentro do Plan Concellos


19 xullo 2017
plan concellos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución da Presidenta, Carmela Silva, unha nova achega ao concello de Vilaboa no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 20.557,79 € á conservación  e mellora das pistas municipais.

Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara á Vilaboa  50.970,65 € para o acondicionamento do espazo natural protexido das Salinas de Ulló e do parque da canteira das Lapas, 72.037,33 € á pavimentación e bacheo e reasfaltado de varias pistas municipais en Acuña, 48.463 € a reparacións diversas en varios colexios públicos do municipio, 24.558,03 € á pavimentación da pista municipal de Canabal e á substitución da cuberta do lavadoiro da Bouza, 12.000 € á adquisición de maquinaria para o mantemento de infraestruturas, vías e xardíns, 74.373,46 € para pagamento de acredores de gasto corrente e 111.560,20 € á contratación de 10 traballadores e traballadoras a través da liña 3.

Con esta última achega, Vilaboa xa ten recibido da Deputación de Pontevedra 414.520,46 € o que supón o 83,60 % do total previsto destinar a esta vila en 2017 a través do Plan Concellos.