Noticias

A Deputación de Pontevedra completa o 100 % das achegas correspondentes a Campo Lameiro ao abeiro do "Plan Concellos 2017"

O Goberno de Carmela Silva aprobou a última achega, por valor de máis de 54.000 euros, que completa o orzamento que a Deputación destinou este ano a Campo Lameiro a través do plan, é dicir, preto de 364.000 euros


21 outubro 2017
Plan Concellos 2017

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar por Resolución presidencial unha nova achega ao Concello de Campo Lameiro, no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 54.267,67 € para o investimento dun centro estancia no concello.

Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Campo Lameiro outros 227.618,31 € na liña 1 para a mellora de camiños en San Isidro, Laxe, Morañó e Gargallóns, para o reforzo da capa de rodaxe en camiños rurais do concello, para a adecuación de beirarrúas na rúa Bernardo Sagasta e para o acondicionamento dun local en Chacente. Á marxe da liña 1, a Deputación de Pontevedra tamén aprobou destinar a Campo Lameiro outros 82.458,44 €, na liña 4, para a contratación de 11 persoas para garantir a correcta prestación dos servizos municipais no concello.

Coa suma desta nova achega, Campo Lameiro xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 100 % do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 363.723,85 euros.


Novas relacionadas

Campo Lameiro

03 xaneiro 2017, plan concellos, campo lameiro, plan concellos 2017