Noticias

A Deputación de Pontevedra aproba a axuda para realizar as obras de saneamento no Laño, Covelo e Samieira, no concello de Poio

Ten adxudicado 0 37,3 % do Plan Concellos 2016, que se eleva a 1.004.339 euros


17 abr 2016

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou na súa xuntanza a subvención de 154.875,31 euros a favor do Concello de Poio para realizar a obra de ampliación das infraestruturas de saneamento na PO-308 no Laño, Covelo e Samieira.

Esta axuda é a primeira que se aproba con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2016 a favor do Concello de Poio. En total, o Concello de Poio presentou obras para realizar melloras tamén no saneamento na Seca, na PO-308 na rúa Convento de San Xoán; varias obras de melloras en instalacións deportivas do Concello, no campo de fútbol da Reiboa, e nos servizos que acollen os Servizos Sociais;  así como a compra dun camión e varios vehículos.

A Deputación destinou ao concello de Poio a cantidade total de 1.004.339 euros, dentro do Plan Concellos 2016. Nestes primeiros cen días a nova Deputación xa concedeu o 37,3 % do total da partida.

Tamén con cargo a estes fondos, cunha subvención por un importe de 214.558 euros, o Concello de Poio contratou 30 persoas para reforzar os seus servizos municipais ao longo de todo o ano.