Noticias

A Deputación achega 25.000 € no Plan Concellos para o arranxo da rúa Castelao en Cuntis

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Cuntis sitúase no 58%, o que supón un investimento na vila de 291.931,42 €


22 xul 2016

A Deputación de Pontevedra, a través dunha resolución presidencial, vén de aprobar un novo investimento na vila de Cuntis ao abeiro do Plan Concellos 2016. Cun valor de 25.000 €, o organismo provincial entrega esta contía con destino ao arranxo da rúa Castelao, un proxecto que se corresponde coa primeira liña, investimentos, do Plan Concellos.

O Goberno provincial xa outorgou anteriormente ao concello de Cuntis, ao abeiro do Plan Concellos, 100.000 € en  liña 1 con destino á realización de melloras en varios camiños do rural da vila, 35.000 € en liña 3 para o pago de gastos correntes, 18.845,43 € en liña 3 para o desenvolvemento da actividade "Habilitas Fogar", "Cuntis Arte-Sano" e a Feira Histórica do 18 e, finalmente, achegou 113.085,99 € na liña 4 de emprego para a contratación de 20 traballadoras e traballadores que desenvolven as súas profesións nos servizos municipais.

O total de achegas destinadas a Cuntis polo Plan Concellos 2016 suman en total a cantidade de 291.931,42 €, polo que o seu grao de execución atópase na actualidade nun 58,1%.


Novas relacionadas

Plan Concellos 2017

26 xullo 2017, cuntis, plan concellos 2017, señales de tráfico verticales, sinais de tráfico verticais