Noticias

A Cañiza acada o 100% do Plan Concellos ao sumar 20.000 € para servizos sociais e parques infantís

A Cañiza recibe un investimento total no marco do Plan Concellos 2016 de 474.992,55 €


13 sep 2016

A Deputación de Pontevedra, a través dunha resolución presidencial, vén de aprobar un novo investimento na Cañiza que vén completar o 100% do presupostado ao abeiro do Plan Concellos 2016 para esta vila. Trátase dunha axuda de 20.500 € que A Cañiza destinará á adecuación do local destinado aos servizos sociais e á mellora de distintos parques infantís.

Esta axuda súmase aos 258.558,13 € entregados, nesta mesma liña, para a adquisición dunha minipala escavadora, melloras de alumeado público nas parroquias de Valeixe e Petán, á construción de beirarrúas no polígono industrial do municipio e á ampliación e a pavimentación da rúa Calzada. A eles hai que engadirlles 71.248,88 € na liña 2 para o pagamento a acredores de investimentos e de gasto corrente, 17.812,22 € ao abeiro da liña 3 que se investirán na 50ª edición da Festa do Xamón do concello e en animacións infantís e concertos durante a semana de festas e, por último, 106.873,32 € na liña 4, co obxecto de contratar a 18 traballadores e traballadoras que están a desempeñar as súas labores no concello.

O investimento na Cañiza ao abeiro do Plan Concellos 2016 acada deste xeito a cifra de 474.992,55 €, o total destinado á vila no plan de Cooperación.