Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Susana Pedreira

Susana Pedreira

Susana Pedreira (Vitoria-Gasteiz, 1983). Xornalista. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Comeza traballando en comunicación empresarial e institucional. No ano 2010 incorpórase á redacción de Onda Cero en Galicia.

Dirixe e presenta o programa local diario Más de uno Pontevedra desde hai dez anos. En setembro de 2015 asume a coordinación do programa Gente viajera de Galicia, magazine semanal centrado no turismo, no ocio, na cultura e na gastronomía. Ademais, desde 2016 forma parte da programación nacional de Onda Cero co programa Un alto en el camino, catro horas de directo nas mañás da fin de semana que cada verán se emiten desde Pontevedra para todo o Estado.

É cofundadora do congreso As Mulleres Que Opinan Son Perigosas. En marzo de 2018 ten lugar a primeira edición no Teatro Principal, o que converte a Pontevedra durante dous días na capital do xornalismo de opinión con sinatura de muller. O foro conseguiu ser tendencia nacional nas redes.

Web: https://www.ondacero.es/programas/un-alto-en-camino/

Twitter: @SuPedre