Marta García Aller
(Madrid, 1980) é xornalista. Antes de incorporarse a El Independiente, diario no que traballa desde a súa fundación, pasou polas redaccións de El Mundo, Actualidad Económica e a Agencia EFE.
Colabora con Onda Cero, como analista de economía e cronista de actualidade, nos programas Por fin no es lunes e La brújula.
Recibiu algúns dos premios máis prestixiosos do xornalismo económico, coma o Premio Xornalístico á Educación Financeira dos Cidadáns, concedido polo Instituto Aviva, en 2015, ou o Premio de Xornalismo á Competitividade Empresarial, concedido por AECOC, en 2013.
Desde 2010 é profesora asociada da IE School of Human Sciences and Technology da IE Business School.
O seu último libro é El fin del mundo tal y como lo conocemos (Planeta, 2017).
Columnas no El Independiente: https://www.elindependiente.com/autor/marta-garcia-aller/
Twitter: @garciaaller