Irene Bascoy
Irene Bascoy Suárez (Hannover, 1973). Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.
Comezou a súa carreira como xornalista en prácticas na TVG e en El Correo Gallego. O seu primeiro contrato foi como redactora na prensa escrita nese xornal onde se especializou en temas de educación e universidade, e pasou posteriormente á sección de política.
En decembro de 2006 incorporouse á delegación do Faro de Vigo en Santiago de Compostela e en setembro de 2009 iniciou unha nova etapa como xefa de sección de Galicia, xa desde a redacción do xornal en Vigo.
Desde maio de 2015 asina a crónica política que, en xaneiro de 2016, acabou converténdose nunha crónica de domingo ilustrada por Gogue.