Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Inma López Silva

Inma López Silva

(Santiago, 1978). Escritora e crítica teatral. Deuse a coñecer en 1996 coa novela Neve en abril, e pronto obtivo o recoñecemento do público e da crítica a través dos premios máis importantes da literatura galega: en 2002, o Premio Xerais de Novela por Concubinas, e en 2008, o Premio Blanco Amor, entre outros, por Memoria de ciudades sin luz.

Tamén pertencen á súa obra narrativa as dúas coleccións de relatos Rosas, corvos e cancións e Tinta, a novela cómica No quiero ser Doris Day, así como New York, New York, un texto sobre a súa vida en Manhattan, e Maternosofía, un ensaio escrito ao fío da súa primeira maternidade.

Inma López Silva é tamén tradutora das obras dramáticas de Albert Camus e Jean Genet e autora dunha extensa produción ensaística centrada no teatro.

Os días aqueles en que eramos malas (Galaxia, 2016) é a súa novela máis recente e foi publicada en castelán pola editorial Lumen baixo o título Los días iguales de cuando fuimos malas.

Actualmente escribe unha columna opinión en La Voz de Galicia.

Web: www.inmalopezsilva.com

Twitter: @inmalopezsilva