Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Fernanda Tabarés

Fernanda Tabarés

(Ourense, 1968). Xornalista. Actualmente é directora de Voz Audiovisual.

Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Leva máis de vinte anos vinculada á Corporación Voz, na que desempeñou diversas responsabilidades xornalísticas e de xestión.

Iniciou a súa carreira profesional en La Voz, en 1990. Foi delegada do xornal no Ribeiro-O Carballiño, redactora xefa no desaparecido Diario 16, xefa da sección de Sociedade e Cultura de La Voz e delegada do xornal en Vigo.

Asumiu a dirección de V Televisión entre os anos 2011 e 2016, na que, ademais, presentaba o programa Vía V. Polo seu traballo neste desaparecido programa de debate e faladoiro gañou o premio Mestre Mateo á Mellor Comunicadora de Televisión 2013.

Ademais de dirixir a produtora Voz Audiovisual, publica unha columna de opinión na última páxina de La Voz.

Twitter: @ftabara