Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Emma Gascó

Emma Gascó

(Sevilla, 1982). Licenciada en Tradución e Interpretación. Ilustradora e deseñadora, parte de Pikara Magazine e de El Salto.

A súa formación xira sobre tres eixes: os idiomas e a redacción, o activismo e as organizacións sociais, e o deseño gráfico e a ilustración. Traballou simultaneamente en varias destas áreas, que a miúdo se complementan, coma no deseño de campañas de comunicación.

Traballou no xornal Diagonal, coordinando campañas de captación de subscricións e formando parte do colectivo editor.

En 2010 iniciou o proxecto de escribir Crónicas del estallido: viaje a los movimientos sociales que cambiaron América Latina, publicado con Icaria en novembro de 2013. Un libro sobre as vitorias dos movementos sociais en América Latina, unha crónica baseada nos testemuños de máis de 200 activistas, entrevistados durante unha viaxe de quince meses, 10.000 quilómetros cara ao norte pola estrada Panamericana, desde Arxentina ata México.

Nos últimos anos traballou como freelance no ámbito da redacción e a ilustración/deseño gráfico en Diagonal, Público, eldiario.es, Números Rojos, El Ecologista, Pikara Magazine e Otramérica, entre outros.

Web: emmagasco.com

Twitter: @EmmaGasco