Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Elisa Beni

Elisa Beni

(Logroño, 1965). Xornalista. É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Aos 23 anos comezou a súa carreira profesional dirixindo un xornal, El Faro de Ceuta, e converteuse na directora de xornais máis nova que houbo en España. Poucos anos despois foi directora de emisoras da Cadena SER (SER e Cadena Cuarenta). Logo de cursar o Máster de Seguridade e Defensa do Instituto Gutiérrez Mellado especializouse en xornalismo de defensa e, posteriormente, en xornalismo xudicial.

Traballou en La Voz de Almería, en Diario 16 como redactora xefa e na revista Época como subdirectora. Durante cinco anos foi directora de Comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid; a súa responsabilidade foi a de crear un servizo inexistente e levar a política de comunicación e o gabinete de prensa tanto do seu presidente coma dos máis de 600 xuíces e xuízas que exercen xurisdición na Comunidade.

Participou na meirande parte dos debates políticos da televisión na última década e en programas coma El gran debate (Tele 5), Las mañanas de Cuatro, Al rojo vivo (La Sexta) ou Espejo público (Antena 3). Actualmente colabora en Más vale tarde e en La Sexta noche (La Sexta), Julia en la Onda (Onda Cero), QMC (ETB) e Las claves del día (Telemadrid).

Foi columnista de La Razón, Tiempo e actualmente de eldiario.es.

Como escritora publicou a novela Peaje de libertad (Espasa), La soledad del juzgador (Temas de Hoy), o ensaio La justicia sometida e os manuais Comunicación jurídica e Manual de periodismo judicial. O seu último libro é Pisa mi corazón (Almuzara, 2017).

Twitter: @elisabeni