Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Diana López Varela

Diana López Varela

Diana López Varela (Pontevedra, 1986). Xornalista e guionista. Traballou en prensa escrita, radio, televisión e gabinetes de comunicación. Actualmente compaxina o seu traballo de guionista de televisión con colaboracións como columnista en Público.es e outros medios.

Coguionizou os documentais Explosión de series (Canal Plus) e 25 anos de cinema galego (TVG); as películas Mañana no te olvides, Memorias de un hombre en pijama (nomeada nos Goya 2019 como mellor película de animación) e O home e o can (en produción); o espectáculo teatral One night only (dirixido por Carlos Vermut); a webserie Clases de lo social; e a curtametraxe musical Superpunky.

Escribiu e dirixiu a obra de teatro No es país para coños e a curtametraxe Feminazi, gañadora do premio do público no Ourense Film Festival 2018.

Escribiu os libros No es país para coños (Editorial Península, 2016), que xa vai pola súa 6.ª edición, e Maternofobia (Península, 2019).

Twitter: @DianaLovar