Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Clara Jiménez Cruz

Clara Jiménez Cruz

Clara Jiménez Cruz (1989). Xornalista licenciada en Comunicación Audiovisual e cofundadora de Maldita.es.

Tras cinco anos de experiencia profesional en La Sexta, primeiro nos servizos informativos e despois en diferentes programas da cadea, formou parte do equipo de El objetivo de Ana Pastor ata 2018. Actualmente colabora con Onda Cero, RNE, Telemadrid, Cuatro e TVE.

É a única española do Grupo de Expertos de Alto Nivel sobre Noticias Falsas e Desinformación designado pola Comisión Europea, ademais de membro europeo do Consello Asesor do International Fact-Checking Network.

Recibiu, xunto con Julio Montes, o Premio de Xornalismo José Manuel Porquet en 2015 polo seu labor en Maldita.es e os seus proxectos foron preseleccionados para os premios European Press Prize en dúas convocatorias consecutivas. En 2019 foi seleccionada como emprendedora social Ashoka Fellow.

Twitter: @cjimenezcruz