Ana Requena Aguilar
Ana Requena Aguilar (Madrid, 1984). Xornalista. Redactora xefa de xénero en Eldiario.es. Formou parte do equipo fundador do xornal en 2012 e traballa neste medio desde entón.
Estivo dedicada especialmente a temas económicos e sociais como os dereitos laborais, a cidadanía e o mercado de traballo, o feminismo, a conciliación ou a violencia machista. En 2014 lanzou o blog Micromachismos como parte de Eldiario.es, que lle reportou varios recoñecementos, como o premio de Comunicación non Sexista 2015 da Asociación de Mulleres Xornalistas de Cataluña. Actualmente coordina tamén "Nidos", a sección de novas familias, crianza, maternidade e paternidade de Eldiario.es. É coautora de varios libros sobre comunicación e xénero e imparte obradoiros e charlas a respecto diso.
Antes de Eldiario.es pasou polo diario Público e a revista Tiempo; as axencias AmecoPress (a primeira axencia de noticias con perspectiva de xénero en España) e Europa Press; e o Instituto Internacional de Investigacións e Capacitación da ONU para a Promoción da Muller (UN-INSTRAW) na súa sede da República Dominicana.
Escribiu crónicas e reportaxes sobre a trata de mulleres e os ataques con ácido en Bangladesh, os feminicidios en México ou a violencia de xénero en Gaza; e participou en varias campañas e grupos de traballo, como o organizado por Oxfam Intermón no Congreso de Periodismo Digital de Huesca en 2017 sobre o tratamento da violencia contra as mulleres nos medios.
Twitter: @RequenaAguilar