Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Ana I. Bernal Triviño

Ana I. Bernal Triviño

 Xornalista e investigadora en medios de comunicación dixitais. Licenciada e doutora en Xornalismo pola Universidade de Málaga.

Empezou a traballar en Sur Digital (Vocento), equipo xunto ao que obtivo o Premio Andalucía de Xornalismo cunha web dedicada a Picasso. Traballou como produtora e redactora en Canal Málaga TV (Vocento) ata o seu peche, o Festival de Málaga. Cine Español, e colaborou en medios coma Usa Today, Historia y Vida, Washington Post, Yo Dona, Diva, Chic, Tú eres Única, ou You.

En metade da crise, como xornalista e investigadora en paro logo dos recortes en I+D, atopa en Twitter a opción perfecta para dar a súa opinión. Traballou no Huffington Post e en andalucesdiario.es,  na sección de opinión Tiempos interesantes.

Foi investigadora dos grupos Labcom (Universidade de Málaga) e Comress (UAB), e traballa como docente na Universitat Oberta de Catalunya. Coa editorial desta universidade publicou Herramientas digitales para periodistas.

Gústalle tanto escribir que deu forma ao seu proxecto 1000historias.es, no que crea contos personalizados.

Actualmente opina en El Periódico, Público e eldiario.es.

Web: www.bernaltrivino.com

Twitter: @anaisbernal