Saúde laboral
Xestión do control da saúde das persoas traballadoras da Deputación e de todas as actividades orientadas a asegurar o seu mantemento.
Base xurídica
Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do estatuto básico do empregado público.
- Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Artigo 9. 2. h) RXPD. O tratamento é necesario para fins de medicina preventiva ou laboral, avaliación da capacidade laboral do traballador, diagnóstico médico, prestación de asistencia ou tratamento de tipo sanitario ou social, ou xestión dos sistemas e servizos de asistencia sanitaria e social.
Artigo 9. 2. b) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social.
Fins do tratamento
Control da saúde das persoas traballadoras da Deputación, mantemento e xestión da súa historia clínica, avaliación médica de riscos do posto de traballo, emisión de informes para a prestación da seguridade social A.T e E.P, estudios epidemolóxicos e asistencia médica.
Colectivo
Empregadas/os públicos.
Categoría de Datos
Datos de categoría especial: Saúde (baixas por enfermidade, accidentes laborais, grao de discapacidade, petición de axudas para gastos médicos).
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, tarxeta sanitaria, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica, características persoais, datos de estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.
Académicos e profesionais: Detalles do emprego corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador.
Categoría de destinatarios
Instituto Nacional da Seguridade Social e mutualidades de funcionarios.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.