Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Prevención de riscos laborais

Xestión da prevención dos riscos profesionais para a protección da seguridade e da saúde das e dos traballadoras/es da Deputación.

Base xurídica

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais.

Artigo 9. 2. h) RXPD. O tratamento é necesario para fins de medicina preventiva ou laboral, avaliación da capacidade laboral do traballador, diagnóstico médico, prestación de asistencia ou tratamento de tipo sanitario ou social, ou xestión dos sistemas e servizos de asistencia sanitaria e social.

Artigo 9. 2. b) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social.

Fins do tratamento

Xestión da prevención dos riscos profesionais para a protección da seguridade e da saúde, eliminación ou diminución dos riscos derivados do traballo, información, consulta, participación equilibrada e formación das e dos traballadoras/es en materia preventiva.

Colectivo

Empregadas/os públicos.

Categoría de Datos

Datos de categoría especial: Saúde (baixas por enfermidade, accidentes laborais, grao de discapacidade e petición de axudas para gastos médicos).

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, tarxeta sanitaria, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil) e sinatura electrónica.

Características persoais: Datos de estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade e lugar de nacemento.

Académicos e profesionais: Detalles do emprego corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina e historial do traballador.

Categoría de destinatarios

Instituto Nacional da Seguridade Social e mutualidades de funcionarios.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.