Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Rede Smart Peme

Xestión da rede Smart Peme.

Base xurídica

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Xestionar o rexistro e alta das entidades e persoas interesadas no programa SMART PEME, o envío de información sobre eventos, talleres formativos, newsletter quincenal e novidades en relación co proxecto SMART PEME. Este proxecto que desenvolve a Deputación consistente nunha rede de oficinas situadas nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidas por persoas asesoras especialistas, onde se presta un servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) na búsqueda da mellora na competitividade empresarial.

Colectivo

Persoas emprendedoras autónomas da provincia de Pontevedra e as Pymes.

Categoría de Datos

Carácter identificativo: Nome e apelidos, razón social, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil) e sinatura electrónica.

Características persoais: Idade, sexo, data de nacemento, nacionalidade e lugar de nacemento.

Académicos e profesionais: Formación, titulacións, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.

Datos de información comercial: Actividades e negocios, creacións artísticas, literarias, científicas ou técnicas, licenzas comerciais e código CNAE.

Categoría de destinatarios

Non se prevén.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.