Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Viveiro de empresas de Lalín e Barro

Xestión do viveiro de empresas de Lalín e Barro.

Base xurídica

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Viveiros de empresas de Lalín e de Barro postos en marcha pola Deputación coa finalidade de facilitar o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a provincia nun contorno económico que demanda proxectos sólidos. Trátase dunha acollida temporal de empresas dirixida a encamiñalas nos seus primeiros pasos no mercado e prestarlle servizos adaptados as necesidades de cada proxecto empresarial e favorecer a colaboración entre elas. Entre os servizos prestados atopamos: Locais de traballo coma oficinas ou salas de reunión, asesoramento e formación en distintos eidos: xurídico, fiscal, laboral, Tic, mellora da competitividade empresarial, dinamización empresarial e cesión de espazos a asociacións empresariais para actividades propias de carácter puntual.

Colectivo

Persoas solicitantes ou representantes legais.

Categoría de Datos

Infraccións: Administrativas.

Carácter identificativo: Nome e apelidos, razón social, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), sinatura e sinatura eletrónica.

Características persoais: Idade, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.

Circunstancias sociais: Permisos, autorizacións, declaración responsable de non atoparse en ningunha prohibición para contratar.

Académicos e profesionais: Formación, titulacións, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais, currículo profesional das persoas solicitantes.

Detalles do emprego: Historial do traballador e memoria descritiva da actividade.

Datos de información comercial: Actividades e negocios, creacións artísticas, literarias, científicas ou técnicas, licenzas comerciais.

Datos económico-financeiros de seguros: Ingresos, rendas, investimentos, bens patrimonio, datos, seguros, hipotecas, especificación do réxime tributario e da Seguridade Social.

Categoría de destinatarios

Administracións públicas, Tribunal de contas, Órganos xurisdicionais, Axencia Protección Antifraude.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.