Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Escola de Cantería

Xestión e organización da escola de canteiros.

Base xurídica

Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Fins do tratamento

Xestión e control da actividade da Escola de Cantería de Pontevedra, centro público administrado pola Deputación. Xestión da formación académica cos obxectivos de ensinar a traballar a pedra ligada a creación de postos de traballo, promocionar e conservar o patrimonio da arquitectura tradicional e crear un centro de investigación e de tratamento da pedra.

Colectivo

Estudantado, profesorado e Administracións públicas.

Categoría de Datos

Datos de carácter identificativo: Profesoras/es e alumnas/os. Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), imaxe, firma.

Características persoais: Profesoras/es e alumnas/os. Idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.

Datos académicos e profesionais: Alumnas/os. Formación, titulacións, historial do estudante. Profesores/as. Formación, titulacións, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.

Detalle do emprego: Profesoras/es. Entidade ou organismo e posto que ocupa, datos non económicos de nómina.

Datos económico-financeiros: Datos bancarios de profesoras/es e alumnas/os.

Categoría de destinatarios

Non se prevén.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.