Escola de Enfermería
Xestión e organización da escola de enfermería.
Base xurídica
Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.
Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.
Fins do tratamento
Xestión e control das actividades formativas realizadas na Escola de Enfermería, centro público adscrito a Universidade de Vigo e dependente da Deputación de Pontevedra. Organización do ano académico, relación de alumnas/os e profesorado, realización de xornadas e accións de concienciación e promoción da saúde.
Colectivo
Estudantado, profesorado e Administracións públicas.
Categoría de Datos
Datos de carácter identificativo: Profesoras/es e alumnas/os. Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), imaxe, firma.
Características persoais: Profesoras/es e alumnas/os. Idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.
Datos académicos e profesionais: Alumnas/os. Formación, titulacións, historial do estudante. Profesores/as. Formación, titulacións, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.
Detalle do emprego: Profesoras/es. Entidade ou organismo e posto que ocupa, datos non económicos de nómina.
Datos económico-financeiros: Datos bancarios de profesoras/es e alumnas/os.
Categoría de destinatarios
Non se prevén.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.