Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Impresión de traballos na imprenta provincial

Xestión dos traballos de impresión na imprenta provincial.

Base xurídica

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Fins do tratamento

Impresión e edición de material na Imprenta provincial da Deputación. Por exemplo; monografías, panfletos a empregar en actos públicos, material didáctico para cursos de formación, cartelería ou calquera documento que sexa necesario por razóns de servizo.

Colectivo

Empregadas/os e público en xeral.

Categoría de Datos

Datos de carácter identificativo: Nome e apelidos, razón social, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.

Detalle do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo.

Categoría de destinatarios

Non se prevén.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.