Promoción turística
Analízanse datos relativos a atención, orientación e asesoramento ás persoas visitantes, realización de enquisas e organización de campañas.
Base xurídica
Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
- Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local.
- Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Atención, orientación e asesoramento ás persoas visitantes (facilitar información sobre os recursos e oferta turística; recepción e atención de solicitudes de información; informar sobre os seus dereitos e deberes como usuarios de servizos turísticos; atención de queixas e reclamacións). Realización de enquisas. Organización de campañas ou promocións, feiras, encontros profesionais e reunións entre os distintos interlocutores turísticos.
Colectivo
Público en xeral.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico) e teléfono (fixo ou móbil).
Características persoais: Idade, datos de familia, sexo, nacionalidade e lugar de nacemento.
Datos de información comercial: Actividades e negocios, creacións artísticas, literarias, científicas ou técnicas, licenzas comerciais, subscricións a publicacións/medios de comunicación.
Categoría de destinatarios
Administracións públicas, asociacións e organizacións sen ánimo de lucro.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.