Actividades e instalacións para os menores
Xestión das instalacións adicadas ao desenvolvemento de actividades orientadas aos menores de idade.
Base xurídica
Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión de inscricións e desenvolvemento de actividades (campamentos, cursos, talleres, ludotecas, actividades deportivas), concesión, reserva e uso de locais destinados para os menores.
Colectivo
Público en xeral.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, teléfono (fixo ou móbil), datos das nais e país ou titoras e titores.
Características persoais: Idade, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.
Categoría de destinatarios
Non se prevén.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.