Centro Príncipe Felipe
Xestión da actividade diaría realizada dentro do centro Príncipe Felipe.
Base xurídica
Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei Orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.
- Lei 13/2008, do 3 de decembro, dos servizos sociais de Galicia.
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia.
- Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia.
- Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Artigo 9. 2. b) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social.
Artigo 9. 2. c) RXPD. el tratamiento es necesario para proteger intereses vitales del interesado o de otra persona física, en el supuesto de que el interesado no esté capacitado, física o jurídicamente, para dar su consentimiento.
Fins do tratamento
Xestión da preinscripción, proceso de admisión, publicación de listados provisionais e definitivos nos tablóns de anuncios e outros espazos electrónicos habilitados, listas de espera, matriculación nas actividades escolares e extraescolares, probas de avaliación e calificacións, envío de comunicacións e outras actuacións relacionadas coa actividade realizadas no centro. Xestión dos servicios sociais prestados nas áreas de xuventude, familia, atención ao maior e a muller, a través dos seus diversos centros residenciais, educativos e sociais con obxecto de mellorar o benestar. Atención das necesidades dos alumnos, de 0 a 18 anos, tanto en réxime interno como diurno garantindo a cobertura das necesidades básicas en ámbitos específicos coma: atención sanitaria, escolarización, reforzó e corrección da aprendizaxe escolar e acceso a experiencias normalizadas propias da idade ou do menor. Proporcionar un contexto de afecto, protección, confianza, seguridade e estabilidade. Desenvolver dun modo integral a personalidade da ou do menor, orientándoo a través de toda a acción educativa.
Colectivo
Persoas solicitantes, alumnas/os, nais e pais, titor/a ou representante legal, traballadoras/es do centro.
Categoría de Datos
Datos de categoría especial: Saúde (diversidade funcional, alerxias), necesidades educativas especiais.
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, tarxeta sanitaria, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), sinatura electrónica.
Características persoais: Idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento, lingua materna.
Circunstancias sociais: Características de aloxamento, vivenda, propiedades, posesións, afeccións e estilo de vida, permisos, autorizacións.
Académicos e profesionais: Formación, titulacións, historial de estudante, experiencia profesional.
Datos de infraccións: Infraccións de natureza penal e administrativa.
Categoría de destinatarios
Administracións públicas e entidades aseguradoras.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.