Biblioteca
Xestión da Biblioteca. Realización de actividades, préstamos de libros e organización de persoas usuarias.
Base xurídica
Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.
Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión dos servicios de préstamos de libros, conexión a internet, expedición de carnés de usuarios, xestión da inscripción e organización e desenvolvemento das actividades da biblioteca.
Colectivo
Cidadás/áns, persoas usuarias e socias/os.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), sinatura electrónica.
Características persoais: Idade, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento, preferencias ou gustos persoais de lectura.
Categoría de destinatarios
Rede de bibliotecas públicas.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.