Centro de acollida e protección de animais (CAAN)
Tratamento de datos persoais relativos a xestión do centro de acollida e protección de animais (CAAN).
Base xurídica
Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
- Lei 10/2003, do 26 de decembro, sobre o acceso ao entorno das persoas con discapacidade acompañadas de cans de asistencia.
- Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión administrativa da recollida de animais domésticos abandonados e o seu posterior traslado a un establecemento adecuado. Realización de campañas de concienciación para a adopción e contra o abandono. Elaboración do censo dos animais que habitan na protectora e a tramitación das adopcións dos mesmos. Solicitude de inscrición no rexistro municipal de animais domésticos. Solicitude de inscrición no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos. Solicitude do certificado de non ter sido sancionado con anterioridade por infraccións con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. Petición ao rexistro central de penados de información de antecedentes a través de organismos públicos.
Colectivo
Donos e representantes legais.
Categoría de Datos
Datos de infraccións: Infraccións de natureza penal e administrativa.
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), sinatura electrónica.
Características persoais: Idade, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.
Categoría de destinatarios
Forzas e Corpos de Seguridade, Órganos xudiciais, Administracións Públicas, profesionais veterinarios, asociacións e organizacións de protección animal.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.