Réxime interno
Tratamento de datos persoais relativos xestión e administración de usos dos servicios necesarios para o funcionamento interno da entidade.
Base xurídica
Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.
Fins do tratamento
Xestión e administración dos usos dos servizos necesarios para o funcionamento e xestión interna da entidade (persoas usuarias, administración de rede, directorio activo, estatísticas e xestión de tarxetas identificativas do persoal).
Colectivo
Persoal propio e externo que presta servizo na entidade.
Categoría de Datos
Datos de carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónica) e teléfono (fixo ou móbil).
Outros de detalle do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo.
Outros datos: Nome da persoa usuaria, contrasinal.
Categoría de destinatarios
Forzas e corpos de seguridade do Estado, Órganos xudiciais e Ministerio Fiscal.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.